sábado, 18 de abril de 2015

23 DE ABRIL. DÍA DO LIBRO.


Durante o segundo trimestre, os nenos e as nenas de primeiro, lemos o libro de Susana Lamela titulado "Soños no andel"; trata sobre un enorme libro que se chama "ANI" que estaba no andel máis alto da biblioteca e que ningún nen@ o collía polo pesado que era.
 
Todos nós, os nenos e nenas de primeiro, convertémonos, non só en autores, se non en verdadeiros artesáns, e elaboramos o noso propio
e XIGANTESCO "ANI".

O seu lugar final será un  andel da nosa biblioteca, onde Pontiña o poderá ensinar a todos os nenos e nenas do cole, pero mentres tanto viaxará polas nosas casas.

Esta semana, que dedicamos aos libros, xa que o 23 é o Día Do Libro, unha das actividades que se desenvolverán na nosa biblioteca será a visita de Susana Lamela.
 
Estamos desexando ensinarlle o noso libro...!!!, Gustaralle...???

Deixámosvos aquí unhas imaxes para que poidades ver noso...ENORME, PESADO E...PRECIOSO "ANI".
 

 

CEIP "A PONTE"- OURENSE by Slidely Slideshow