jueves, 2 de julio de 2015

VIAXES MARABILLOSAS. "LIBRO DAS MARABILLAS"

Este ano, unha vez mais, participamos na campaña de Animación á Lectura, unha actividade do Concello.
Sabela, animadora do Concello, veu ás nosas aulas de 3 anos, para contarnos unha historia de viaxes e animarnos a facer un libro ilustrado- forma.
O tema este ano son as viaxes..., viaxes maravillosas..., o "Libro das marabillas".

Quedounos espectacular!

Botarlle unha ollada...


CEIP "A PONTE"- OURENSE by Slidely Slideshow

Logo, todos os centros que participamos, expuxemos os nosos traballos, no Museo Municipal.

Todos eran uns libros preciosos.

sábado, 18 de abril de 2015

23 DE ABRIL. DÍA DO LIBRO.


Durante o segundo trimestre, os nenos e as nenas de primeiro, lemos o libro de Susana Lamela titulado "Soños no andel"; trata sobre un enorme libro que se chama "ANI" que estaba no andel máis alto da biblioteca e que ningún nen@ o collía polo pesado que era.
 
Todos nós, os nenos e nenas de primeiro, convertémonos, non só en autores, se non en verdadeiros artesáns, e elaboramos o noso propio
e XIGANTESCO "ANI".

O seu lugar final será un  andel da nosa biblioteca, onde Pontiña o poderá ensinar a todos os nenos e nenas do cole, pero mentres tanto viaxará polas nosas casas.

Esta semana, que dedicamos aos libros, xa que o 23 é o Día Do Libro, unha das actividades que se desenvolverán na nosa biblioteca será a visita de Susana Lamela.
 
Estamos desexando ensinarlle o noso libro...!!!, Gustaralle...???

Deixámosvos aquí unhas imaxes para que poidades ver noso...ENORME, PESADO E...PRECIOSO "ANI".
 

 

CEIP "A PONTE"- OURENSE by Slidely Slideshow