viernes, 30 de mayo de 2014

COÑECENDO A VELÁZQUEZ

Velázquez veu ao cole a visitarnos!!!

Aos nenos e nenas de 5 de anos, as nosas profes, faláronnos de Velázquez, ata o propio Velázquez e a Menina saíron dos seus cadros para explicarnos moitos segredos deles...!

 Pasámolo tan ben... que seguimos investigando na biblioteca do cole.

Pero o que máis nos gustou foi facer nós, nosas propias obras de arte... "As Meninas"... "Menina"... "autorretrato de Velázquez"...

Para poder gozar das nosas obras, e que os nosos compañeiros puidesen visitala, fixemos unha exposición no corredor.
 

BIBLIO CEIP "A PONTE" OURENSE by Slidely Slideshow


 TODO SAÍU XENIAL!!!

miércoles, 23 de abril de 2014

LIBROS PARA O DÍA DO LIBRO

No noso blog de Dinamización da lingua, e dentro das celebracións do día do libro, podemos ver uns preciosos libros que os nenos de 3,4 e 5 anos fixeron e que están expostos no Museo Municipal.
PICADE AQUÍ para gozalos. Son preciosos!!!

lunes, 24 de marzo de 2014

ROSA CARAMELO

Desde Animación á lectura, fixemos este librito , despois de que nos contasen o conto "Rosa Carmelo". quedounos precioso

CEIP "A PONTE". Rosa Caramelo. by Slidely Slideshow

viernes, 31 de enero de 2014

"OS DEREITOS DOS NENOS"

As nenas e nenos de 5 anos , entregaron á biblioteca do cole un precioso libro feito por eles, onde demostran todo o que aprenderon coa sua profe Lupe sobre Os DEREITOS DOS NENOS, aquí ensinámosvolo.
¡Esperamos que vos guste!
CEIP "A PONTE" OS DEREITOS DOS NEN@S by Slidely Slideshow

lunes, 13 de enero de 2014

"NON CHAS QUERO, NON CHAS QUERO..."

Durante o pasado mes de decembro, todos os cursos, desde os mais pequenos , os maiores, e animados polo equipo de "Normalización Lingüística ", fixemos un librito cunha cantiga popular.
Foi a cantiga que cantamos tod@s xuntos o dia que celebramos o noso magosto.
Esperamos que vos guste, nós, pasámolo XENIAL.zz
CEIP A Ponte's Slidely by Slidely Slideshow